Curtas feitas na casa por estudantes da UVigo

06 Mai 2020

O alumnado de Comunicación Audiovisual realiza unha serie de pezas nos seus fogares

Curtas protagonizadas por peluches e bonecos, nas que diferentes recunchos dos fogares se transforman nas localizacións das historias, ou pezas nas que os propios alumnos e alumnas non só se encargan do guión, a gravación e a montaxe, senón que se converten tamén nas e nos protagonistas.

Estas son algunhas das propostas nas que traballa o alumnado do grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, que, no marco da formación práctica para a materia Tecnoloxía dos medios audiovisuais, está a realizar nestas semanas de confinamento unha serie de pequenas curtas desde as súas casas, valéndose dos recursos dispoñibles nos seus fogares. As curtas reúnense nunha canle de Yotutube, ao tempo que se difunden nestes días a través das redes sociais co cancelo #cortosnacasa.

https://www.youtube.com/channel/UC_Owu7oX13l1fP-vJN8bxsw/playlists?view_as=subscriber