Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.
Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.
Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.