Bolsas de formación e investigación na Axencia Espacial Europea

02 Abr 2020

A Axencia Espacial Europea ofrece unha gran variedade de oportunidades de formación á mocidade procedente dos Estados membros e Estados cooperantes da ESA. Descobre cal é a máis adecuada para ti!

Young Graduate Trainees (YGT)
Este programa de bolsas para mocidade titulada universitaria consiste nunha formación remunerada dun ano, con cobertura sanitaria e gastos de viaxe, para traballar nunha contorna internacional e multicultural apaixonante. Grazas ao YGT, poderás adquirir unha experiencia valiosa no desenvolvemento e a operación de misións espaciais. Como bolseiro universitario, terás a responsabilidade de impulsar un proxecto e poderás contar coa experiencia dun mentor da ESA.

A mediados de novembro de cada ano, anúncianse as prazas vacantes de formación na web de Axencia pero ao longo do ano tamén se publican outras noticias de interese. Consulta as oportunidades: https://career2.successfactors.eu/career?company=esa

Para poder optar a esta bolsa, debes ser graduado hai pouco, ou ser estudante de último curso, dunha disciplina universitaria técnica ou científica. Tamén tes que ser cidadán dun dos países membros da ESA ou dun dos Estados cooperantes.

Se estás interesado, enche o formulario de solicitude online adxunto a cada vacante e inclúe o teu CV e unha carta de presentación. Lembra que só podes enviar un único formulario de solicitude online!

Programa postdoutoral de investigación
Se es un mozo ou moza científico/a ou enxeñeiro/a, a ESA ofréceche a posibilidade de gozar durante dous anos dunha bolsa de investigación nunha gran variedade de disciplinas relacionadas coa ciencia do espazo, as aplicacións espaciais e a tecnoloxía.

Para solicitala, debes obter recentemente un doutoramento nun ámbito estreitamente relacionado coas actividades espaciais e ser cidadán duns dos países membros da ESA ou dos Estados cooperantes.

Podes presentar a solicitude en calquera momento do ano, pero o proceso de avaliación adoita comezar en outubro.

Envía a túa solicitude xunto co teu CV, a lista de publicacións, referencias, o título de doutoramento e unha descrición detallada do teu proxecto de investigación a temp.htr@esa.int

Prácticas para estudantes
Se aínda estás a estudar, a ESA ofréceche a posibilidade de facer prácticas de 3 a 6 meses como parte dos teus estudos. Este período de formación non está remunerado e destínase a ámbitos técnicos principalmente, pero tamén doutro tipo.

Para solicitar as prácticas, debes estar a piques de obter o título de grao, ou estar na primeira metade dun curso de master en matemáticas, enxeñería, física, ciencia e tecnoloxía da información, dereito, económicas, etc.

Debes encher o formulario de solicitude online e envialo por correo electrónico a calquera dos centros principais da ESA. Tamén tes que enviar o teu CV e unha carta de motivación na que debes explicar por que che gustaría traballar na ESA.

http://www.esa.int/About_Us/Careers_at_ESA/Postdoctoral_Research_Fellowship_Programme