Participa Méliès. Concurso de vídeo

24 Mar 2020

Está aberta a 8ª edición de Participa  Méliès

Que é Participa  Méliès
É un concurso de vídeo aberto a todos os públicos. Podes participar co teu centro educativo ou de forma particular ata as 16 horas do 15 de maio de 2020.

Concursar é moi fácil! Só necesitades unha historia que poidades contar en menos de 3 minutos, unha cámara ou dispositivo de vídeo para gravar unha curtametraxe no que utilicedes polo menos un dos tres trucaxes de Georges Méliès, e moita imaxinación.

Inspírate
O universo máxico de Méliès pode ser un punto de partida para deixar voar a túa imaxinación.
Facilitanche unha serie de recursos que che axudarán a traballar a idea e a levar a cabo o curto.

Grava o teu vídeo
Podes gravar o teu curto cunha cámara dixital, un móbil, unha  tableta…
O vídeo non debe superar os 3 minutos, ten que ser mudo e debe incorporar polo menos un dos tres trucaxes de  Méliès que che explicamos a continuación.

Sobe o teu vídeo
Sobe o teu curto coa mellor calidade posible á túa canle en  YouTube,  Vimeo ou  Dailymotion.
Logo, enche o formulario que atoparás na sección “Sobe o teu vídeo”

Móveo nas redes
Unha vez subas o vídeo, validarase antes de publicalo.
En canto se publique poderás compartilo cos teus amigos e buscar a maior difusión posible para conseguir votos e optar ao Premio do Público

Premios
O mellor vídeo da 8ª Edición conseguirá unha cCámara BlackMagic Pocket Cinema 6k

Premio ao Mellor Vídeo recibirao o curto máis orixinal da categoría xeral, o que mellor represente desde un enfoque actual o cinema fantástico de  Méliès.

Premio Imaxinación ao Poder será para o vídeo máis imaxinativo e que utilice con maior enxeño a tecnoloxía ao seu alcance. Trucaxes de alto enxeño e baixo custo!

Premio ao Mellor Vídeo Primaria. Os alumnos e as alumnas de primaria que demostren máis creatividade e destreza á hora de contar unha historia en vídeo incorporando os trucos de Georges Méliès levarán un pack audiovisual completo e un curso de cinema para toda a escola.

Premio ao Mellor Vídeo Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos: un curso de cinema e un completísimo kit audiovisual para seguir contando historias a través do cinema.

Premio Junior. Participantes entre 10 e 18 anos
Es novo e tes talento? Este é o teu premio! O vídeo de participantes entre 10 e 18 anos que máis sorprenda ao xurado pola súa creatividade e pola utilización dos trucos de Méliès, levará unha fabulosa GoPro.

Premio do Público. O vídeo máis votado polo público
Neste premio, o xurado é a audiencia! Poderedes votar ao vídeo que máis vos guste, aínda que só poderedes emitir un voto por persoa. O curto que reciba máis votos leva o premio!

Premio Perseverantes. Centros escolares que repitan participación
Premios aos centros educativos que participen na categoría escolar que participasen en edicións anteriores e participen tamén na 8ª edición.

https://www.participamelies.com/el-concurso/bases-del-concurso/

Quen é George Méliès?: https://es.wikipedia.org/wiki/Georges_M%C3%A9li%C3%A8s