Bolsas "JAE Intro ICU" do CSIC

24 Mar 2020

A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 250 bolsas de introdución á investigación " JAE Intro ICU", no marco do Programa "JAE".
A finalidade das bolsas é a iniciación á carreira científica nas diferentes áreas, mediante bolsas para estancias en institutos e centros da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Requisitos: estudantes universitarios, cursando estudos de grao, licenciatura ou máster que teñan completados, polo menos, o 50 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao.

O prazo para presentar solicitudes estará abertro ata o 30 de abril de 2020.

Máis información no BOE do 24 de marzo de 2020 e en https://sede.csic.gob.es/programa-jae