Bolsas de verán no Instituto de Astrofísica de Canarias

24 Mar 2020

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 10 bolsas de verán para a formación en desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.

Requisitos:
Están destinadas a estudantes ou recén titulados ou tituladas de grao (curso 2018-2019 o posterior) ou estudantes de máster universitario.
Os estudos universitarios terán as seguintes características:
Enxeñerías (Informática, Mecánica, Aeronáutica, Electrónica, Telecomunicacións) e Ciencias Físicas

A duración das bolsas será de 3 meses.

Dotación das bolsas:
A dotación das Bolsas de Verán é de 700 € brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario.
O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de enfermidade e accidente.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de abril de 2020.
Máis información no BOE do 24 de abril de 2020 e en https://www.iac.es/es/ensenanza-superior/becas