Escolas infantís gratis para segundo fillos e sucesivos

24 Mar 2020

A Consellería de Política Social convoca axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 de titularidade privada.
As solicitudes presentaranas as escolas obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario BS420C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 24 de abril de 2020
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2020 e en http://www.familiasgalegas.org