Prácticas no Centro Norte-Sur do Consello de Europa

23 Mar 2020

O Centro Norte-Sur do Consello de Europa ofrece períodos de prácticas non remuneradas dúas veces ao ano.

Datas:
Prácticas entre xaneiro e xuño, data límite de solicitude o 31 de outubro do ano anterior.
Prácticas entre xullo e decembro, data límite de solicitude o 30 de abril do mesmo ano.

Requisitos:
Ter nacionalidade dun dos Estados-Membro do Centro Norte-Sur e/ou do Consello de Europa.
Completar os seus estudos en educación superior ou completasen polo menos 3 anos académicos.
Ter coñecemento alto dunha das linguas oficiais do Consello de Europa (inglés ou francés) e coñecemento alto doutra.
Ter boa capacidade de redacción.

Tarefas a realizar durante as prácticas:
As tarefas asignadas consisten na preparación de actividades, investigación, distintas tarefas de redacción así como tarefas administrativas diarias.

Solicitude:
A solicitude tense que realizar por vía telemática cumprimentando o formulario de solicitude (en inglés ou en francés).
Tamén é necesario enviar o CV actualizado e unha carta de motivación.

Condicións das prácticas:
As bolsas non son remuneradas pero asignaranse 200 euros mensuais para cubrir gastos.
Os bolseiros teñen dereito a ter dous días libres por mes en concepto de vacacións.
A xornada de traballo é de luns a venres en horario de 9 h a 17:30 h.
Os custos de viaxes e aloxamento, así como os custos de vida, son a cargo dos bolseiros.
O Centro Norte-Sur do Consello de Europa realiza un seguro médico e de accidentes durante o período de prácticas.
Trátase de períodos de 3 meses como mínimo e 5 como máximo.

Información:
North-South Centre of the Council of Europe
Rua de Sao Caetano, 32
1200-829 Lisbon, Portugal

Teléfono: (+351) 21 358 40 30

https://www.coe.int/en/web/north-south-centre/traineeship-opportunities-at-the-north-south-centre