I Concurso de Redacción Xornalística "Día da Terra"

23 Mar 2020

A revista National Geographic e RBA Libros convoca o I Concurso de Redacción Xornalística "Día da Terra"

O próximo 22 de abril o Día da Terra cumpre 50 anos e faio con máis sentido que nunca, con protesta e rebeldía ante a emerxencia, líderes novos e inspiración renovada.

Os/ as estudantes que queiran participar deberán escribir, de forma individual, un editorial xornalístico sobre o 50 aniversario do Día da Terra. O editorial presentado deberá ser un texto no que se exprese de maneira razoada a opinión sobre calquera aspecto relacionado co 50 aniversario do Día da Terra e cos retos que afronta a preservación do noso planeta.

O editorial deberá ter un titular e un texto, en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Os argumentos, ideas ou propostas expostos no editorial deberán basearse en datos fiables.

Os textos deberán estar asinados polo/a estudante, indicando o curso e o centro escolar, con nome, apelidos, número de DNI e o seu email de contacto. Cada estudante poderá participar cun único traballo e non se poderán presentar traballos en grupo.

Prazo: Os traballos poderán presentarse ata o día 22 de abril, día da Terra, ás 23:59 horas.

Requisitos
Poderán presentarse mozos/as entre 14 e 18 anos que cursen entre 3º de ESO e 2º de Bacharelato nun centro de secundaria do territorio español. Establécense dúas categorías de participación:
- Explorador 1:  mozos de 3º e 4º ESO.
- Explorador 2:  mozos de 1º e 2º Bacharelato.
A participación será unicamente vía online.

Premio:
O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de agosto e decembro de 2020.

Os gañadores dos tres mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España (valorada en 59,40 euros) e un lote de libros de RBA Libros (valorado en 100 euros).

Os 15 mellores traballos de cada categoría, incluídos os tres gañadores, serán publicados na web da revista National Geographic España a partir do mes de xuño de 2020

BASES DO CONCURSO