Fotografía e inclusión coa REAJ

23 Mar 2020

REAJ, Albergues Xuvenís de España, convoca a II edición do Concurso "Fotografía e inclusión coa REAJ", coa finalidade de contribuír á mellora da sociedade, promocionando á súa vez o turismo e o uso dos albergues xuvenís no noso país.

Requisitos
Poderá participar neste concurso calquera Asociación, Organización, Entidade… que aglutine/traballe con persoas con discapacidade, e que se poida identificar mediante un CIF.

Así mesmo, a Asociación, Organización, Entidade… ten que acreditar estar inscrita nalgún rexistro nacional, rexional, provincial ou local do sector. Presentarase unha acreditación disto na que polo menos figure o número de rexistro e o lugar.

Os obxectivos do concurso son:
Sensibilizar á sociedade a través da fotografía sobre a plena inclusión e participación das persoas con discapacidade.
Fomentar a participación das persoas con discapacidade.
Promover o uso dos Albergues, moitos adaptados para todo tipo de persoas con discapacidade, e que vexan neles outra alternativa de aloxamento.
Promover a mobilidade a través dos albergues, de maneira alcanzable, cómoda e de calidade.
Fomento da cultura na sociedade a través da fotografía.
Promoción dos Albergues Xuvenís e de REAJ entre estes posibles usuarios.

A actividade desenvolverase en todo o territorio de España. Para participar no concurso será necesario:
Plasmar nunha fotografía a vida cotiá das persoas con discapacidade.
Enviar a fotografía ao correo marketing@reaj.com indicando os datos do responsable, nome da Entidade, teléfono, email, dirección, CIF, ….Para que REAJ considere como válida a participación terase que enviar a fotografía xunto co formulario de inscrición.
Cada entidade terá que identificarse co seu CIF e só se poderá presentar unha vez por cada CIF.
Acreditación de estar inscrita nalgún rexistro nacional, rexional, provincial ou local do sector. Polo menos figurarará o número de rexistro e onde está rexistrada.
Cada foto debe levar un título que a identifique (nome da Asociación, algún título… o que cada un desexe).
As fotografías presentadas deberán ser orixinais e que non fosen premiadas noutros certames.
As fotografías nas que aparezan persoas, deberán ser enviadas acompañadas dunha autorización por parte da persoa/s retratada/s aceptando que o retrato/foto participe no concurso e na publicacións oportunas que se fagan (Web, redes sociais, etc.).

Prazo ata o 24 de abril de 2020.

Premios
Un premio de 3.000 euros, para que a entidade organice unha viaxe con aloxamento nun dos albergues REAJ de España para un grupo mínimo de 10 persoas.

Un premio de 1.000 euros, para material que necesite a Entidade para sortear entre todas as asociacións participantes.

https://reaj.com/concurso-fotografia-e-inclusion-con-reaj/