Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, reuniuse co equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de Marzo de Baiona

18 Feb 2020

Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, reuniuse co equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de Marzo de BaionaBAIONA. Taboleiro

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, agradeceu a actividade que levan a cabo os 17 estudantes do ciclo formativo de grao superior de Animación sociocultural e turística do Instituto 1º de Marzo de Baiona que participan no programa de Correspondentes xuvenís, e cos cales reuniuse o 17 de febreiro. Cristina Pichel remarcou que estas mozas e mozos encárganse de informar aos seus compañeiros de aula, amizades e coñecidos sobre convocatorias, recursos e programas xuvenís que poidan ser do seu interese.

Este curso escolar hai 953 estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional de 71 centros de toda Galicia que actúan como correspondentes. A súa colaboración facilita que as medidas e accións de interese cheguen ao alumnado galego.

A directora xeral de Xuventude explicou que esta iniciativa permite potenciar as habilidades comunicativas e sociais das mozas e mozos participantes, favorece a asunción temperá de responsabilidades e transmite valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado.