Axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica

22 Xan 2020

A Xunta de Galicia convoca axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables.

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento IN414D e tamén en https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2020 e na Dirección Xeral de Enerxía, teléfono 981 957 024
http://ceei.xunta.gal  e no correo ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.es