Aínda non sacaches o carné de conducir? Axudámosche?

14 Mai 2012

carne_de_conducirHoxe, día 14 de maio, publícase no DOG a Orde do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.

Podes obter unha axuda de 200 euros!

REQUISITOS

Ter entre 18 e 30 anos; residir en Galicia; ser titular do carné xove; estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses); non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM.

Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria

As axudas concederánsevos a todos/as os que reunades os requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.

Consulta da ordeDOG

Anexos: galego | castelán

Folleto informativo: aquí

Máis información aquí