Durante a fin de semana do 13, 14 e 15 de decembro desenvolveuse no complexo xuvenil As Mariñas o I Encontro de correspondentes xuvenís no que participaron máis de 250 mozas e mozos de toda Galicia inscritos neste programa. Alí poideron compartir experiencias e comprobar como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros. Ao Encontro asistiu a Directora Xeral de Xuventude, Crsitina Pichel.
Durante esta fin de semana os participantes poideron participar en distintos obradoiros para o deseño dunha curtametraxe ou o uso responsable das redes sociais, así como actividades de ocio como xogos cooperativos, stop motion, lipdub ou danzas do mundo e expresión corporal.
Mediante esta iniciativa, a Consellería de Política Social facilita unha rede xuvenil para que a mocidade poida difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil, sobre todo aqueles programas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas. Durante este curso 2019/2020 o número de correspondentes supera os 850. Trátase dunha cifra similar á rexistrada durante o curso pasado.
Estes correspondentes reciben gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal expedido pola Administración autonómica o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.