Premios Talento Mozo Galicia. Xurado.

03 Dec 2019

Premios Talento Mozo Galicia. Membros do xurado

De conformidade co disposto no artigo 13 da Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 200 do 21 de outubro), o día 2 de decembro de 2019 ditouse a resolución de nomeamento do xurado por parte da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que desempeña a súa presidencia conforme ao citado artigo.

Conforman o xurado dos premios Talento Mozo Galicia as seguintes persoas:

Presidenta: Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Eva López Barrio, responsable do programa Women Emprende e membro da asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas de España, na modalidade de Ciencia.

Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e Martín Alemparte Vidal, director-xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel, na modalidade de Rural.

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte e Belia Méndez Rial, xefa do servizo do deporte en idade escolar, na modalidade de Deporte.

Pablo Casal Espido, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria e Luciano Covelo Fandiño, presidente de AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios) Galicia, na modalidade de Empresa.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e Paula Cabaleiro Comesaña, xestora cultural e comisaria de exposicións, na modalidade de Cultura e Creación.

María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, como secretaria do xurado.

 

RESOLUCIÓN DOS PREMIOS (DOG do 27 de febreiro de 2020)