Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass

08 Nov 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ven de convocar dúas novas edicións do Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass.

Obxectivo: coñecer o modelo Europass de Curriculum Vitae e como organizar a información de xeito sinxelo e eficaz en función das experiencias formativas e/ou profesionais de cada persoa.

Destinatarios: mocidade entre 18 e 30 anos.

Contidos.

1. Que é Europass e o Curriculum Vitae por compentencias.

2. Como definir o perfil profesional.

3. Coñecer e identificar competencias.

Duración: 4 horas.

Prazas: 15 por edición

Datas e Horarios:

  • Edición 1: mércores 27 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
  • Edición 2: mércores 4 de decembro de 16:00 a 20:00 horas.

Lugar: Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela.

Prazo de inscrición: ata o martes 3 de decembro ás 14.00 horas.

Instrucións para cubrir o formulario:

Tipo de actividade: seleccionar Obradoiro.

Observacións: indicar en que Edición quere participar. Só pode solicitar a inscrición en unha das edicións.

Datos do Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil: este apartado é exclusivamente para as persoas que traballan nalgún dos Servizos de Información Xuvenil (SIX,OMIX,PIX,ESPAZOS XOVE) da Rede Galega de Información Xuvenil. De no ser o caso deixar este apartado en branco.

Acceso ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información de contacto:
Centro Coordinador de Información Xuvenil de Galicia
Rúa Ramón Piñeiro 17-19 baixo. Santiago de Compostela
Telf. 881997607 / 06
informacion.xuventude@xunta.gal