Espazo para a mocidade en Santiago de Compostela

30 Out 2019

 

Necesitas un espazo onde estudar, quedar para facer traballos ou simplemente reunirte?. Tes unha asociación xuvenil e queres organizar unha actividade?AULA33

No Centro coordinador de información xuvenil podes dispoñer deses espazos. Tes a túa disposición dúas salas equipadas con ordenadores, son e proxector.

Ademais tes tamén unha oficina de información xuvenil para calquera dúbida que teñas sobre programas de Xuventude, estudos, emprego, bolsas, viaxes, actividades, garantía xuvenil... e tamén está o centro Quérote+ para resolverche as dúbidas sobre afectividade, sexualidade, relacións, ITS, probas de VIH, de embarazo...

Aquí podes facer o carné xove, isic, teacher e alberguista

Este espazo está na rúa Ramón Piñeiro 17-19 de Santiago de Compostela e podes acudir de luns a venres entre as 8 da mañá e as 8 da tarde.

Máis información no Centro coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606