EuEmprendo Galicia

23 Out 2019

“EuEmprendo Galicia” é un programa gratuíto, promovido pola Rede Española de Entidades polo emprego, Rede Araña, no marco da Convocatoria do Programa de“Itinerarios de Emprendemento Xuvenil de Galicia”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Fundación INCYDE.

O obxectivo xeral desta actuación é fomentar o emprendemento entre os mozos menores de 30 anos, das provincias de Ourense e Pontevedra, levando a cabo accións de formación, acompañamento ementoring.

O programa consta das seguintes fases:
- Formación teórico-práctica, cunha duración de 50 horas onde se desenvolven competencias craves para xerar un cambio de comportamento dos mozos emprendedores, acompañadas por titorías individuais co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade mediante o emprendemento ou por conta allea.

Durante a desenvolvemento destas sesións formativas traballásense, dunha maneira práctica, os seguintes contidos: Recurso para a busca de emprego,Método Canvas, presentacións públicas, metodoloxía Lean Startup; plans de empresa, estrutura organizativa, formas xurídicas, investimento, etc.
- Plan específico de mentorización con expertos en diversas materias que axudarán ao participante a avanzar no proxecto empresarial e traballar a busca de emprego por conta allea.
- Elaboración e avaliación do plan de empresa ou de emprego de cada un dos mozos participantes.

O programa está dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O prazo de inscrición para a primeira edición estará aberto ata o 25 de novembro de 2019 e o 31 de marzo de 2020, para a segunda edición.

Todos aqueles participantes que completen todas as accións do proxecto recibirán unha Tablet como complemento da formación.

Máis información:
Teléfono:  988 39 15 15
www.yoemprendogalicia.com
yoemprendogalicia@empleoenred.org