30º Concurso Fotográfico "Camiños de Ferro"

23 Out 2019

A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca o 30º Concurso Fotográfico "Camiños de Ferro" co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril. O concurso fotográfico "Camiños de Ferro" segue sendo fonte de inspiración e creatividade para todos os amantes do tren e da fotografía. Este certame converteuse nun dos máis prestixiosos, a nivel nacional e internacional, e é moi valorado polos profesionais e afeccionados ao mundo da fotografía.

Cada concursante presentará un máximo de tres fotografas individuais ou unha serie fotográfica relacionadas co mundo do ferrocarril. As fotografías serán inéditas e só poderán ser presentadas polos seus propios autores.

Preseleccionaranse un máximo de 150 obras, entre fotografías individuais e series, coas que se realizarán exposicións en formato dixital.

As obras preseleccionadas deberanse presentar en formato papel para optar á selección e aos premios. As fotografías individuais poderán ter unha mancha de imaxe libre, nun papel cun formato mínimo de 24x30 cm e máximo de 40x60 cm. O tamaño total das series non poderá exceder de 90x45 cm (horizontal ou vertical).

Seleccionaranse 70 fotografías finalistas, que se publicarán nun catálogo e expoñeranse nos lugares que a Fundación estime de interese.

As fotografías enviaranse ata o 21 de xaneiro de 2020 en formato dixital a través do formulario da páxina web do certame (jpg máximo 1,5 MB). As series estarán formadas por tres, catro ou cinco fotografas, montadas nun único ficheiro.

Poden optar ao Premio Autor Novo fotógrafos de ata 25 anos cumpridos durante 2019.

Dotación
4.000 euros do primeiro premio
2.000 do segundo premio
1.200 para o autor novo
catro accésits de 300 euros.

Máis Información: https://ffe.es/caminosdehierro/informacion/PDF_bases/30CH-Bases.pdf