XXVIII Curso de posgrao de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos

18 Out 2019

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca o XXVIII Curso de posgrao de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos e así mesmo convoca axudas de matrícula.

O curso está dirixido a licenciados ou graduados con axeitada formación en ciencias sociais. É de carácter presencial e estrutúrase en dous módulos cos seguintes contidos:

Módulo 1. A recollida de datos e a investigación mediante enquisas.
Módulo 2. Análise e interpretación de datos de enquisa.

Os ensinos de cada módulo inclúen clases teóricas e prácticas. A realización de exercicios prácticos está  tutorizada por profesores e por profesionais do CIS.

O importe da matrícula son 2000 €. Al bolsas convocadas cubren a metade do importe da matrícula.

O prazo de admisión de solicitudes estará aberto ata o día 11 de novembro de 2019.

Máis información no BOE do 18 de outubro de 2019 e en http://cis.es/cis/opencms/ES/6_formacion/CursoPosgrado/