VI Premio “Concepción Arenal” a Proxectos Educativos pola Igualdade de Xénero

17 Out 2019

A Deputación da Coruña convoca o VI Premio “Concepción Arenal” a Proxectos Educativos pola Igualdade de Xénero 2019, co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia, que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

A) Proxectos educativos en educación infantil.
B) Proxectos educativos en educación primaria.
C) Proxectos educativos en educación secundaria.

Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Premio:  Convócase un premio en metálico de 5.000 € por cada modalidade.
O prazo para presentar proxectos estará aberto ata o 18 de novembro de 2019

Máis información no BOP da Coruña do 17 de outubro de 2019 e en

https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero