1 m2 polo Campo, o Monte e os Bosques

10 Out 2019

Desde LIBERA fan un chamamento a todos os #HéroesLibera para unha nova convocatoria de "1 m2 polo Campo, o Monte e os Bosques", que se celebrará entre o 7 e o 15 de decembro de 2019.

O Proxecto LIBERA pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais grazas a unha nova acción de ciencia cidadá.

A esta iniciativa poderanse unir organizacións, Ong, asociacións e grupos constituídos que queiran organizar unha batida de limpeza dentro das datas indicadas. O obxectivo principal é achegar datos a unha base común, a través da app E-litter deseñada especificamente para investigacións como esta.

https://proyectolibera.org/proximos-eventos/