Programa Xogade

25 Set 2019

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2019/2020.

Poderán inscribirse neste programa os centros de  ensino, Anpas, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2019/2020 son:

– Actividade deportiva escolar.
– Actividade deportiva federada.
– Seguro federado 6 a 16 anos.
– Coñece o meu club.
– Xogos populares.
– Proxecto Deportivo de Centro.
– Xogando coa auga e co vento.

Máis información en http://xogade.xunta.es/es/xogade
www.deporteescolargalego.com