A Asociación Rede Araña oferta programas de busqueda de emprego.
As finalidades básicas da Asociación son promover actuacións que permitan a inserción sociolaboral dos desempregados con atención a aqueles colectivos vulnerables: mocidade, mulleres, drogodependentes, minorías étnicas, inmigrantes, ex reclusos…
Programas dirixidos á mocidade:
O Programa "Brújula" é un proxecto de inserción sociolaboral para persoas con problemas de adicción. O obxectivo é conseguir mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade dos participantes; facilitando os recursos, ferramentas e metodoloxías para conseguilo. Garante a prestación dun servizo de intervención sociolaboral a longo prazo a través do proceso de itinerarios personalizados de inserción, integrando actividades de orientación, formación, xestión de autoemprego, etc. Realizaranse de maneira flexible (desprazamento e horario) e o acceso é gratuíto. Este programa adáptase, xa que se teñen en conta as necesidades que presenta o usuario.
O Programa "Red Labora" está dirixido a menores e mozas/os entre 16 a 30 anos que se atopen en situación de desemprego co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a ocupabilidad a través de itinerarios personalizados de inserción. Organízase nunha serie de actividades, flexibles e gratuítas. Adáptase tamén ás necesidades que presenta o usuario.
Programas: http://www.empleoenred.org/index.php