Time to Move é un conxunto de eventos destinados á mocidade, e organizado durante o mes de outubro. Estas actividades serán centenares de oportunidades a través das cales podes ir para o estranxeiro e participar en proxectos internacionais, explorando Europa ou gañando a experiencia que necesitas para o teu futuro. Todas as actividades están organizadas pola rede de informadores Eurodesk, sempre dispostos a axudarche a encontrar o proxecto que mellor se adapta a ti e ás túas necesidades.
Voluntariado noutro país por algúns meses?
Intercambios durante un semestre?
Estadías no estranxeiro?
Son moitas as oportunidades...