600 euros para unha viaxe...

17 Set 2019

A Fundación Zis está a convidar a mozas e mozos de todas as nacionalidades de entre 16 e 20 anos a ter a oportunidade de recibir unha bolsa de 600 euros para unha viaxe de estudo autoorganizado a un país estranxeiro.

Destinatarios:  mozos entre 16 e 20 anos de todas as nacionalidades que aínda non asistan á universidade
Prazo:  Poderán presentarse as solicitudes ata o 15 de febreiro de 2020
Condicións da viaxe:
- investigarase sobre un tema elixido polo participante.
- realízase só/a.
- a única remuneración será a bolsa (600 euros).
- dura polo menos catro semanas.
- a viaxe será ao estranxeiro, non no teu país.
- o transporte en avión non está permitido.
- non se patrocinarán viaxes a rexións de guerra ou conflitos étnicos violentos.
- cada participante ten un asesor persoal (mentor) para axudar a organizar a viaxe por correo electrónico.
- os participantes deberán entregar un informe de estudo (8000 palabras como mínimo), un diario e unha declaración dentro dos tres meses posteriores ao regreso, en alemán ou inglés.

Para participar:
- os candidatos deben completar o formulario de solicitude
- pídeselles aos pais que completen un formulario de consentimento (mesmo se o candidato alcanzou a maioría de idade).

Prazo:  15 de febreiro de 2020

Máis información:   https://www.zis-reisen.de/en/your-journey/