Xuventude achégavos un completo semblante da figura e da obra de Uxío Novoneyra

11 Mai 2010

novoneyra

O poeta do Courel é o autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado quere sumarse á gran festa da nosa língua publicando un completo traballo da figura e da obra de Uxío Novoneyra.

É un poeta o autor a quen vai adicado iste ano o Día das Letras Galegas, un grande poeta galego. A poesía é un tipo de produción literaria moi singular, de interpretación que non é sempre doada para os seus lectores, xa que esixe para quen a lea con interese verdadeiro unha certa posta en escea, unha tentativa consciente para achegarse da mellor maneira posible á mensaxe ou a vivencia que o seu autor quere transmitir. Ista premisa é esencial para ler a obra de Uxío Novoneyra, o autor que resultou merecente do agasallo no ano en que andamos. A súa é unha poesía fonda. Mergullarse _ou polo menos intentalo- na densa ramaxe, nas fonduras espirituais que movían a un creador tan persoal require unha forte dose de complicidade... (texto completo no PDF).