Xuventude subvenciona aos concellos con 1.190.000 euros para a realización de actividades dirixidas á mocidade

10 Mai 2010
A Consellería de Traballo e Benestar entende que para lograr unha verdadeira participación da xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual é fundamental promover actuacións e canles dirixidas a garantir o acceso a unha información ampla e actualizada dirixida á xuventude e facilitar o acceso da mocidade na utilización das novas tecnoloxías, prestándolles apoio ás accións que neste sentido emprendan os concellos dentro da súa competencia e ámbito territorial.

Igualmente, considérase necesario apoiar os concellos nas actuacións que leven a cabo no campo da potenciación do asociacionismo xuvenil e a utilización adecuada do tempo de lecer así como actividades cun claro compoñente formativo.

Mais Información: Anexo en documento o DOG do 5 de maio de 2010