Subvencións para a contratación laboral de persoas desempregadas na provincia da Coruña

20 Mar 2019

A Deputación da Coruña convoca subvencións para a contratación laboral de persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción laboral, favorecendo o emprego estable e de calidade a nivel local. Cada empresa solicitante poderá solicitar a axuda para contratar como máximo a un traballador/a por un período mínimo de 12 meses.
A subvención cubrirá ata o 75% dos custos salariais totais da persoa traballadora.

Beneficiarios
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais con ánimo de lucro e con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

O prazo de solicitude estará aberto ata as 14:00 horas do 22 de abril de 2019.

Máis información no BOP da Coruña do 20 de marzo de 2019