A Universidade de Lancaster convoca bolsas para realizar un máster ou doutoramento nas áreas relacionadas coa arte e as Ciencias Sociais no curso 2019-2020.
A convocatoria –que tamén está aberta a outras disciplinas como estudos de teatro, antropoloxía social, socioloxía ou traballo social, historia ou estudos relixiosos, entre outros-, diríxese aos estudantes internacionais interesados en cursar estudos que permitan obter unha mestría, mestría seguida de doutoramento ou doutoramento nesta universidade.
Estes programas deberán cursarse a tempo completo ou parcial no curso académico 2019-2020 en calquera departamento da Facultade de Artes e Ciencias Sociais desta universidade en calquera das áreas anteriormente mencionadas
Prazo: 1 de marzo de 2019 (convócanse todos os anos)