Habilitación como xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal

17 Xan 2019

A Consellería de política Social fai unha convocatoria de habilitación excepcional e habilitación provisional das categorías profesionais de xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal dos centros e servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia

Requisitos:
Ter desempeñado funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal ou estar en situación asimilada ao alta (ou atoparse en situación de suspensión da relación laboral con dereito a reserva do posto de traballo), ou estar a prestar servizos como persoal voluntario ou bolseiro en empresas, entidades ou institucións que ofrezan atención sociosanitaria en centros ou servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría profesional que corresponda, durante polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas na categoría profesional correspondente nos últimos 12 anos.

No suposto de non alcanzar os requisitos de experiencia mínima, que se traballara na categoría profesional correspondente e ter acreditada, a data 31 de decembro de 2017, formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar nun mínimo de 300 horas nos últimos 12 anos.
 
As solicitudes poden presentarse a través de https://sede.xunta.gal co procedemento BS800A
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2022

Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2019