1 m2 polos ríos, encoros e pantanos

16 Xan 2019

O Proxecto LIBERA, a través da convocatoria lanzada para os días 9 ao 17 de marzo de 2019, pretende levar a cabo unha nova  accion de ciencia cidadá “1 m2 polos ríos, encoros e pantanos”

O Proxecto LIBERA pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais.

Como sempre nos seus m2 por contornas poderanse unir á iniciativa organizacións, entidades, empresas, Ong, asociacións... que queiran organizar unha batida dentro das datas indicadas e sempre que en beiras de ríos encoros e/ou pantanos. O obxectivo principal é achegar datos a unha base común, para coñecer cal é o estado da nosa natureza mediante unha sinxela  APP (e- Litter).
 
Desde o Proxecto LIBERA facilitarásevos unha formación para aprender a caracterizar os residuos, ofreceranvos un pack con material para a recollida e facilitaranse os seguros de voluntarios.

O  proxecto Libera foi creado pola ONG ambiental SEO/BirdLife, en alianza con  Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases.