XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda

23 Out 2018

O Concello de Camariñas convoca o XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda

Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 modelos. O tema e a modalidade á que poden optar é libre tanto para moda masculina como feminina, con tódalas súas variantes; quedando excluídos os deseños de moda infantil.
Os deseños presentados non puideron ser premiadas noutros certames de moda.
A memoria poderá estar impresa en formato DIN A3 ou A4, na portada deberá figurar obrigatoriamente o título da colección o nome do autor/a non deberá figurar en ningunha parte da memoria
A técnica dos debuxos é libre e cada deseño presentarase nunha lámina coa vista de fronte e posterior.
As láminas deberán ir acompañadas dunha descrición técnica do modelo axustándose como mínimo á talla 38 modelo feminino e talla 42 modelo masculino, segundo o sistema europeo. A descrición conterá polo menos os seguintes puntos:
· Bosquexo con todas as características do modelaxe.
· Bandeiras de cores, identificación das cores utilizadas.
· Proposta de moda, tecidos e complementos.
· Medidas a escala.
· Ficha de escandallo.
Poderá achegarse á ficha técnica calquera outra documentación que se considere relevante de cara a valoración do proxecto.

Premios:
1º premio: 2100 €
2º premio: 1200 €
3º premio: 600 €
Premio especial do público: 600 €
Asemade, farase entrega a cada un dos finalistas no concurso dun diploma que acredite a súa participación no XXVI Concurso de Noveis Deseñadores.

O prazo estará aberto ata o 3 de decembro de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 23 de outubro de 2018