Bolsa de emprego para a Comunidade de Madrid

19 Set 2018

Con obxecto de dispoñer dunha relación de persoas que desexen traballar nos centros de destino da Administración de Xustiza, a Comunidade de Madrid convoca bolsas de selección de persoal interino para a cobertura temporal das prazas dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial ao servizo da Administración de Xustiza.

Así mesmo constituiranse bolsas de reserva de selección de persoal interino nos termos indicados no presente decreto.

As solicitudes para participar na convocatoria poderán presentarse ata o 10 de outubro de 2018
Información: http://www.bocm.es/boletin/CM_Orden_BOCM/2018/09/12/BOCM-20180912-3.PDF