Aplicación móbil para loitar contra as agresións sexuais

14 Ago 2018

A Xunta lanza unha aplicación móbil para loitar contra as agresións sexuais

Na mesma incluirase un decálogo contra a violencia sexual, consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información.

Nas seguintes versións da aplicación incorporaranse novas funcionalidades como a posibilidade de compartir a xeolocalización con calquera dos contactos que teña o usuario para que estes poidan saber o percorrido que se está realizando.

A aplicación xa se pode descargar para os sistemas operativos Android e nos próximos días para iOS