Correspondentes Xuvenís do IES Sofía Casanova de Ferrol

28 Mai 2018

Desde o IES Sofía Casanova de Ferrol enviannos unha información moi completa do labor que está a desenvolver o equipo de Correspondentes Xuvenís

Este equipo está composto por María, Tomás, Roi Carlos, Adriana, Andrea, Pablo, Carlos, José María, Sofía, Roberto, Bruno, Inés, Lucía, Lucía, Martín, Guillermo, Nadia, Iago, Pablo Aníbal, Lucía e Ana

Hai un enlace na web do instituto  http://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/node/1316

Que leva á web-taboleiro de correspondentes: https://sites.google.com/site/correspondentesnosofia/

Nesta web-taboleiro hai:

1. Taboleiro CSC.

Organizan a información en 4 apartados: Información Xeral. Axudas, bolsas. Concursos, certames. Correspondentes en Galicia. Tamén teñen un taboleiro "real" á entrada do instituto.

2. Quen somos?

Neste apartado está o vídeo presentación e as fotos dos correspondentes.

3. Onde podes encontrar a información?

Os enlaces aos sitios onde colgan información (web instituto, taboleiro, boletín informativo, Instagram…).

4. O proceso.

Unha descrición do proceso de recollida, organización e difusión da información.

Tamén teñen unha maqueta dun boletín informativo on line: https://es.calameo.com/read/00547468171863205f8e2

 iesofiacasanova5

Parabéns a todas e todos polo traballo desenvolvido!!!