A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), vén de publicar unha nova edición do estudo “A Mocidade e as TIC".
O obxetivo do estudo é evaluar a incidencia da presenza de nenos/as e xóvenes no fogar en relación ao equipamento e uso das tecnoloxías da información,
Conclusións do estudo:
- A convivencia con nenos/as incide directamente no equipamento do fogar, de modo que o 89,2% das vivendas con nenos/as de entre 3 e 16 anos dispón dalgún tipo de ordenador, 18,6% máis que no conxunto dos fogares galegos. Cando residen mozos de 16 a 34 anos, o 94% dos fogares teñen ordenador, superando en 23,4 puntos porcentuais á media galega.
- A presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a disponibilidade de Internet en 19,9 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos/as. No caso dos mozos estudantes de 16 a 34 anos a diferenza é lixeiramente superior, o 20,9%
- Os altos custes de conexión (71,9%), xunto aos dos equipos (64,8%) son os principais argumentos dos fogares con nenos onde non dispoñen de Internet. Sin embargo, a consideración da pouca utilidade ou a falta de interese continúa a ser a xustificación fundamental para os fogares onde non conviven nenos en idade escolar (68,4%), ao igual que onde non conviven estudantes maiores de 16 anos (65,9%).
- A circunstancia de que no fogar convivan nenos/as en idade escolar incrementa a contratación de banda larga nun 20%, pero a presenza de estudantes maiores de 16 anos exerce unha maior influenza, superando en 21 puntos aos fogares onde non conviven estudantes maiores de 16 anos.
- O 91,2% dos mozos galegos entre 16 e 34 anos utilizaron un ordenador nos últimos tres meses, 32,7 puntos porcentuais máis que os de 35 a 74 anos; no caso dos nenos en idade escolar o uso do ordenador é 17,3 puntos porcentuais superior respecto dos fogares onde non viven nenos.
- O uso de Internet achégase ata o 97,2% entres a poboación de 16 e 34 anos e ao 87,8% entre os residentes en fogares con nenos/as, 13,8 puntos porcentuais por riba do conxunto de Galicia. Ademáis, o 91,1% dos mozos conéctanse diariamente, mentres que entre os de 35 a 74 anos a porcentaxe de conexión diaria é do 75,2%.
- O uso do comercio electrónico crece ano a ano entre a poboación de 16 a 34 anos nun ritmo superior á poboación de 35 a 74 anos, acadando o 48,7% os mozos que compraron algún ben ou servizo por Internet nos últimos tres meses.
- Os internautas galegos de 16 a 34 anos optan con maior frecuencia polo uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas, especialmente á hora de obter información a través das páxinas web.
Estudo completo:
http://www.osimga.gal/export/sites/osimga/gl/documentos/d/20180321_MONOGRAFICO_MOZOS_2017_vdef.pdf