Curso para obter o certificado de aptitude de Profesor de Formación Viaria
A Dirección Xeral de Tráfico convoca un curso para obter o certificado de aptitude de Profesor de Formación Viaria.
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
b) Ser titular do permiso de condución da clase B, polo menos, en vigor, que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, cunha antigüidade mínima de dous anos.
c) Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen ao grupo 2 de condutores, segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento Xeral de Condutores. Prazo de solicitudes; O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación da presente Resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE Núm. 4 Xoves 4 de xaneiro de 2018).
Máis información:
http://www.boe.es/boe/dias/2018/01/04/pdfs/BOE-A-2018-159.pdf