#nonmeenredes

27 Nov 2017

nonmeeredes2

Dende o CPI Viaño Pequeno de Trazo, que está a participar no programa Correspondentes Xuvenís, envíannos a campaña #nonmeenredes

#nonmeenredes é unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Orde, que con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller tenta visibilizar a presenza da violencia de xénero nas redes sociais.  
O lema #nonmeenredes pretende ser un berro reivindicativo das mulleres da comarca para que ninguén exerza a violencia a través de Internet, e que esa violencia teña cada vez menos espazos para existir na sociedade.