A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) organiza o proxecto formativo de emprendemento e inserción laboral "Descobre ou teu talento"
Está dirixido ao colectivo de mozos menores de 30 anos en situación de desemprego, inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil na data de entrada no proxecto, coa finalidade de que a súa incorporación sexa unha fonte de coñecementos e ideas que vertebre na adquisición das ferramentas e estratexias necesarias que lles faculten para dar o salto ao mercado laboral mediante a fórmula do autoemprego e/ou a inserción laboral por conta allea.
"Descobre o teu Talento 2017" conta coa colaboración da Fundación INCYDE e cofinanciamiento do Fondo Social Europeo (FSE), desenvolverase en tres fases estratéxicas das que se beneficiarán cinco grupos de participantes, distribuídos ao longo da xeografía galega.
Máis información:
Confederación de Empresarios da Coruña, teléfono 981 133 702
descubre.talento@cec.es