Bolsas para viaxar por Europa dirixidas a artistas e traballadores culturais

20 Out 2017

A European Cultural Foundation convoca Bolsas para viaxar por Europa dirixidas a artistas e traballadores culturais

Para poder optar a unha destas bolsas, tes que cumprir cunha serie de requisitos como ser artista ou traballador da cultura de calquera disciplina artística ou cultural contemporánea, ser menor de 35 anos de idade ou pertencer a un dos países de Europa.

Non hai data límite para este programa de bolsas, opera de forma continua. O proceso de selección tarda ata un mes.

Estas bolsas dan cabida a todo tipo de proxección artística: música, artes visuais, teatro, danza, cinema, documentais, multimedia, o deseño, a fotografía, a moda e a creación de capacidade cultural.

Os participantes teñen que presentar un itinerario de viaxe ben preparada e ter un plan claro das actividades, con polo menos un socio comprometido de acollida no país de destino.

Dotación: Esta convocatoria de bolsas ofrece aos seleccionados unha subvención que oscila entre os 250 a 700 euros, dependendo do país polo que se vaia a viaxar.

http://www.culturalfoundation.eu/step