Bolsas para estudar en México

13 Set 2017

A Secretaría de Relacións Exteriores do goberno de México convoca bolsas para estudar en México

Estas bolsas van dirixidas a estudantes internacionais de máis de 180 países que desexen cursar estudos de especialidade, master, doutoramento e investigacións de posgrao, así como programas de mobilidade estudantil de licenciatura e posgrao

Prazo: 28 de Setembro de 2017

A convocatoria de Bolsas de Excelencia do Goberno de México para estranxeiros ofrece a posibilidade de estudar en máis de 90 Institucións de Educación Superior (IES) mexicanas. Todas contan con programas académicos rexistrados no Programa Nacional de Posgraos de Calidade do Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

Máis información:
https://www.gob.mx/amexcid/acciones-y-programas/becas-para-extranjeros-29785