Curso de Monitoras/es de actividades de Tempo Libre na Coruña

13 Set 2017

Cruz Vermella da Coruña organiza un curso de Monitoras/es de activiades de Tempo Libre na Coruña

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queren dedicar a súa actividade profesional á educación e animación de grupos (infancia, maiores, persoas maiores,…) dende a perspectiva de educación en valores.
Os requisitos para acceder á formación, e establecidos pola Xunta de Galicia no Decreto 50/2000 son ser maior de 18 anos e estar en posesión do graduado escolar (ESO) ou ser técnico/a auxiliar en FP.
O grupo poderá estar formado por un mínimo de 10 participantes, sendo o máximo 25 persoas

Datas: O inicio do curso será o 10 de novembro ata o 11 de febreiro de 2018. O horario establecido será venres de 16.00 a 21.00, sábados de 09.00 a 14.00 e 15.30 a 20.30, e os domingos de 09.00 a 14.00

A fase teórica-práctica levarase a cabo e con carácter xeral, no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña. Aproveitaranse as inmediacións do Centro como o parque ou a praia para poder realizar as sesións de animación.
As sesións de animación deportiva realizaranse no polideportivo da Garda Civil (Lonzas) da Coruña.

Máis información na Cruz Vermella da Coruña
C/ Cruz Vermella Española 1. A Coruña
Teléfono: 981 221 000  IP/ext.: 38234
www.cruzvermella.org  
www.facebook.com/CruzVermellaXuventude