Fundacion Mujeres pon en marcha o servizo de orientación laboral

01 Ago 2017

Co fin de facilitar a inserción ao emprego das mulleres, Fundación Mujeres ofrece un servizo integral de intermediación laboral.
Durante os meses de xullo a setembro, a Fundación Mujeres realizará diversas actividades: formación online e presencial, charlas e grupos de debate no marco do Servizo de orientación laboral.
O obxectivo destas accións é o apoio e orientación laboral para a procura de emprego por conta allea ou mediante o autoemprego. Traballarase o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade e as competencias dixitais.

Este servizo ofrécese o Programa para o emprego e emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo

Máis información: http://www.fundacionmujeres.es/

estefania.abelenda@fundacionmujeres.es / tamara.conesa@fundacionmujeres.es
Teléfono: 981 29 40 97  e  663 20 23 80
Avda. Monelos 121, 1º dta. A Coruña