Prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís

17 Xul 2017

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2017/2018.

Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:
Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM* do ano en curso.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de agosto de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 12 de xullo de 2017.

Residencias:

Lugo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html

Ourense:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html

Vigo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html


* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
Para 2017 fixouse en 532,51 € mensuais.

Corrección de erros publicada o 21 de xullo: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170721/AnuncioG0425-170717-0002_gl.pdf