1m2 pola Natureza

15 Xun 2017

1m2 pola Natureza é o primeiro encontro cidadán nacional que promove LIBERA. Un día, só un día, para limpar de lixo os espazos naturais do noso país.

O 17 de xuño podemos sair todos ao campo, ao monte, á praia, ao noso bosque ou río máis próximo ou a calquera zona verde que queiramos para conservar estes espazos e liberalos do lixo que un día tirouse e que segue aí, abandonada. Estes residuos non só afean a paisaxe senón que xeran un impacto negativo na natureza.

O 17 de xuño recolleremos lixo. Pero, sobre todo, queremos conciencia. Porque o mellor lixo é o que non existe. Non podemos seguir ensuciando a natureza.

Por que 1m2 pola Natureza?

Se todos os españois saísemos o día 17 de xuño a limpar 1m2 dos nosos espazos naturais máis próximos, conseguiriamos liberar de lixo máis do que miden algúns dos parques nacionais do país. Cun pequeno xesto podemos facer entre todos algo moi grande pola natureza, por nós.

http://www.proyectolibera.org/index.php?unmetro=1