Prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades

19 Mai 2017

A Secretaría xeral da Igualdade e Academia Galega de Seguridade Pública coa colaboración da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e CIM do Concello da Estrada, organizan un curso de defensa persoal e autocapacidades para prevención de situacións de violencia de xénero

OBXECTIVO:  Adestrar e formar en defensa persoal. Tratarase de adestramento físico e psíquico así como de crear protocolos de actuación cara diversas situacións.
DURACIÓN TOTAL:  8 horas
DATAS:  Sábado 3 de xuño / sábado 10 de xuño
HORARIO:  10h a 140h cada sábado
INSTRUCTORES/AS:  Todas as persoas serán técnicos e técnicas en defensa persoal e forman parte das Forzas e Corpos de Seguridade con ampla experiencia en formación e en técnicas de intervención, así como coñecementos en violencia de xénero.
LUGAR:  Academia Galega de Seguridade Pública. Avda. da Cultura, s/n. A Estrada. Pontevedra
INSCRIPCIÓN:  Directamente, cubrindo o formulario accesible neste link: https://agasp.xunta.gal/es/detalleCurso/171113
Data límite para a inscrición: 31 de maio de 2017