Axudas por fillas e fillos menores de tres anos

03 Abr 2017

A Consellería de Política Social convoca a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.

Requisitos:
– Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS410A
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 25 de maio de 2017.
Máis información no DOG do 3 de abril de 2017 e en http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-familia