Subvencións a audiovisuais de contido cultural galego

17 Feb 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego

Beneficiarios:
persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano.

Traballos subvencionables:
Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción:
– Modalidade A.1: longametraxes de ficción de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, e que posúan unha alta capacidade de internacionalización.
– Modalidade A.2: longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais de autoría galega con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.
Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega e en versión orixinal galega, cunha duración máxima de 30 minutos.
Modalidade E: producións ou coproducións destinadas a seren emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:
- Modalidade E1: Longametraxes, miniseries e series de televisión de ficción que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión.
- Modalidade E2: Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.
- Modalidade E3: Series de animación infantil e xuvenil destinadas a seren emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.

O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 17 de marzo de 2017 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento CT207A.

Máis información no DOG do 17 de febreiro de 2017 e en http://www.agadic.gal/