XXIII edición de concurso Euroscola

16 Feb 2017

A Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea e a Secretaría do Estado para a Unión Europea, convoca a XXIII edición do concurso Euroscola adicado ao 60 aniversario da sinatura do Tratado de Roma (1957-2017).

Inscricións: A partir do 16 de febreiro de 2016 a través da web www.euro-scola.com

O obxectivo desta convocatoria é: reflexionar cos mozos e mozas sobre o proceso de transformación da Unión Europea en espazo de liberdade, xustiza e seguridade ao longo destes 10 anos: valorar o que alcanzamos e analizar os desafíos actuais. Por iso, o concurso propón como tema central: coñecer a Carta dos Dereitos Humanos da UE como texto que recolle os principios e valores dos pobos e cidadáns da UE tras 60 anos de compromiso e camiño xuntos.

O concurso Euroscola desenvolverase a través dunha plataforma interactiva e ten como obxectivos fundamentais:
- Fomentar o uso de internet e das novas tecnoloxías como ferramentas educativas.
- Achegar a UE aos mozos/as, mellorando os seus coñecementos e implicación na construción de Europa.

Destinatarios: Poden participar nesta iniciativa todos os centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato ou ciclos de Formación Profesional de grao medio establecidos no territorio nacional.
Para participar é necesario inscribirse por equipos, formados por 10 alumnos/as, de entre 15 e 18 anos, e un profesor responsable que será o líder e representante do equipo.
Poden participar todos los centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato o Ciclos de Formación Profesional de Grado Medio establecidos en el territorio nacional.

A organización do calendario de traballo dos equipos é libre baixo a guía do seu profesor/a líder, aínda que han de ter moi en conta que o 6 de abril finaliza o prazo para enviar:
1) A ligazón do vídeo orixinal
2) A ligazón do vídeo de making of que mostre o proceso de realización.
3) A confirmación do docente líder do equipo de que conta coas autorizacións escritas de utilización de imaxe dos menores, así como outras imaxes, música, audios ou fragmentos de vídeos suxeitos a dereitos

Toda a información en: http://www.euro-scola.com/bases/